11 de septiembre de 2019
11.09.2019

Conciertos en Pontevedra | O Museo, o escenario perfecto para Cantos na Maré

O festival usará o Museo de Pontevera como un espazo máis na súa programación

11.09.2019 | 02:23
Xosé Manuel Rey (c.) xunto con Antón Reixa, Jacobo Sutil, Carme Fouces e Fran Rivera no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. // FdV

O Museo de Pontevedra será un dos principais escenarios do 15 aniversario do Cantos na Maré que terá lugar esta fin de semana na cidade do Lérez. O director do Museo, Xosé Manuel Rey, destacou que haberá ata nove eventos diferentes pensados para atender as demandas dun público heteroxéneo, tanto familiar como adulto: do venres 13 ao domingo 15.As actividades foron presentadas na mañá de hoxe polo propio Xosé Manuel Rey, acompañado do director de Cantos na Maré, Fran Rivera; a concelleira de Cultura Carme Fouces; o director de AGADIC Jacobo Sutil e o músico Antón Reixa.

Segundo afirmou Rey, o Museo continúa a senda de cooperación co festival, "que entra en fase de reorientación para atravesar máis mares e espallarse a máis mundos", xa que ao seu entender non hai sitio mellor "para ilustrar a transcendencia que o mar ten na configuración da nosa identidade, pois permite entender porque razón para todos os que vivimos asomados ao mar este non é límite ou fronteira, senón espazo para a transferencia de cultura material, ideas, linguas, músicas ou tradicións". Tamén destacou que varias das actividades, todas de balde, están especialmente concibidas para público familiar como a narración oral " Apatacón" con Vero Rilo e Faia Díaz que terá lugar el venres ás 17.00 horas.O espectáculo músico teatral con Magín Blanco "Camiños", que será o sábado ás 11.30 horas e o obradoiro de música na Prehistoria no último día do festival ás 11.30 horas.

O resto de eventos diríxense ao público adulto, o venres ás 18.00 horas se proxectará "Ruth" e Antonio Pinhao Botelho. O sábado, ás 16.30 horas se levará a cabo unha visita guiada pola Colección do Museo e concerto de Brais González, máis tarde será o turno do documental "Onde estás Joao Gilberto?" de Georges Gachot ás 18.00 horas e para acabar coa xornada, ás 19.15 horas o espectáculo aRi[t]mar Poesía na Maré.

O domingo se comezará co Roteiro pola cidade con Xurxo Souto ás 10.30 horas y finalmente para rematar coa programación no Museo, Antón Reixa presenta a súa performance "Melancholemia".

Pola súa banda, Fran Rivera, director de Cantos na Maré subliñou que o festival Cantos na Maré "medrou e invadiu a cidade". Tamén o director de AGADIC, Jacobo Sutil, felicitou á organización por afondar na colaboración co Museo, do que dixo "é unha grande referencia en Galicia", e destacou que esta é a edición "máis rica" do festival. Dende o ágoberno local, a concelleira de Cultura Carme Fouces salientou o soporte do concello no festival, sublimando a riqueza dun festival que traballa en prol do idioma, que " mostra o que temos e o que queremos ser no futuro". Ademáis añadiu que, "O Museo é a peza perfecta para lanzar o idioma e a cultura".

Finalmente, Antón Reixa puxo en valor "o bo paradigma de colaboración entre institucións en prol da creación artística" que se dá con Cantos na Maré e explicou a súa performance do domingo día 15, baseada na poesía e o vídeo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia