07 de septiembre de 2019
07.09.2019

Dez colectivos da comarca recibirán subvencións de dinamización lingüística

A Deputación achega estas axudas en Pontevedra,Poio, A Lama e Caldelas

07.09.2019 | 02:21

A deputada de Lingua María Ortega anunciou onte a resolución das subvencións de dinamización lingüística que beneficiarán a dez colectivos da comarca de Pontevedra con preto de 11.500 euros dos 120.000 euros totais da liña de achegas consignada para toda a provincia.

En concreto, serán seis as entidades de Pontevedra, dous do concello de Poio, un da Lama e outro de Ponte Caldelas as que recibirán estas axudas aprobadas onte en Xunta de Goberno.

Estas subvencións para a dinamización do galego pretenden impulsar e fomentar o uso do idioma en todos os ámbitos sociais da provincia mediante o apoio a actividades de entidades sen ánimo de lucro. Deste xestio, nas bases para poder acceder a estas axudas contemplouse financiamento de actividades en varios apartados ben diferenciados: o fomento da creación e da difusión cultural en lingua galega, feiras e eventos que promocionen a creación en lingua galega, sociolingüística e toponimia, fomento do emprego do galego no comercio e na industria, e recoñecementos e distincións no que se dera cabida a accións relacionadas coas Letras Galegas ou para recoñecer o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego como lingua vehicular.

Para a adxudicación das subvencións, as bases reguladoras contemplaban catro criterios: o orzamento total da actividade, a adecuación ao interese provincial, a difusión da acción e a porcentaxe solicitada de financiamento.

A maiores das dez entidades da comarca de Pontevedra, cómpre destacar que tamén se beneficiarán na provincia de ditas axudas doce colectivos da comarca do Morrazo, sete na do Salnés, seis no Condado-Paradanta, tres no Deza e 30 en Vigo. Así mesmo, conseguiron subvención a Federación de Libreiros de Galicia pola feira do libro celebrada en Pontevedra e a Fundación Luís Tilve, para a publicación da obra 'A casa do mestre de Pontevedra (1934-1936)'.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

HAI MULLERES


Irene Milleiro: "Se están levantando las voces, especialmente las de las mujeres"

La actual directora general para Europa de Change.org es una de las protagonistas de la serie 'Hai Mulleres', puesta en marcha por la Diputación de Pontevedra

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca