21 de agosto de 2019
21.08.2019
Faro de Vigo

A exposición "Son de Galicia" recoñece a aportación dos coros históricos á nosa cultura

Abre hoxe as súas portas na Casa das Campás

21.08.2019 | 01:15

Recoñecer a contribución dos coros á cultura galega é o obxectivo de Son de Galicia, unha exposición promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG) que desde hoxe pode visitarse na Casa das Campás, sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra.

Un total de 30 paneis integran esta mostra itinerante que aborda a historia dos coros galegos a través da traxectoria de catro formacións que aínda continúan en activo, Toxos e Froles, Cantigas da Terra, a Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos.

A mostra será inaugurada esta tarde ás 20 horas polo vicerreitor do campus, Jorge Soto, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, o director da área de Cultura, Educativa e de Integración do campus, Manuel Morquecho, e o comisario da mostra, Miguelanxo Seixas.

A mostra percorre a historia dos catro coros históricos e incide en como, través do baile e da música, estas formacións contribuíron a asentar a identidade galega, sinala o CCG.

Os coros serven tamén de pretexto para facer unha lectura moito máis ampla co propósito de "recoñecer o seu traballo común na configuración e divulgación da identidade galega".

Por iso, a exposición, que contou coa colaboración de Afundación e das catro sociedades corais, presta atención ao labor etnográfico de recuperación de músicas e cantigas populares, a súa preocupación por conservar a lingua, así como aos traballos de recuperación dunha vestimenta típica de Galicia para as súas actuacións.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


FARO te ofrece un nuevo servicio de pasatiempos y juegos online

Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus