Os dous andares do tráiler da exposición "Vivamos como Galegos!" de Supermercados Gadis estará hoxe en Sanxenxo. Dentro, os visitantes atoparanse desde o espírito da verbena, ao repunantiñómetro, o libro máxico, o clásico futbolín e tamén o museo das 12 edicións da campaña. Pero por se iso non abondara, esta edición permite participar no primeiro escape room itinerante de Galicia.

A cita con toda esta diversión incluirase dentro das festas de Sanxenxo. Poderase visitar de 12 a 14 horas e de 17 a 21horas na Praza do Mar e inclúe sorteos e agasallos. Así mesmo os máis pequenos poderán xogar nos inchables habilitados para esta xornada.

O tráiler - exposición conta con tres espazos diferenciados: a zona exterior, na que está o photocall cun palco ambientado a xeito de verbena con instrumentos inchables e o son da 'cumbia verbeneira', e dous andares. No primeiro hai catro actividades: o repunantiñómetro, o libro máxico, o futbolín, e unha área que acolle o escape room.