08 de agosto de 2019
08.08.2019

"Aquí cántase" chega as prazas da cidade por mor das festas de Peregrina

A convocatoria popular para cantar nas prazas da cidade dá o pistoletazo de saída ás festas

08.08.2019 | 01:25
"Aquí cántase" o pasado ano na Praza Curros Enríquez. // R. Vázquez

Na praza de Ferraría, comezará mañán a terceira edición de "Aquí Cántase", a convocatoria popular para cantar nas prazas da cidade coa que se dá o pistoletazo de saída ás festas da Peregrina. Esta actividade foi presentada pola concelleira de Festas, Carme da Silva, e polos membros da Asociación Maravallada, Manuel Espiño e Mariluz Rodríguez, e os tres coincidiron en que se espera un incremento da participación de público tras as experiencias dos dous anos anteriores.

Precisamente en previsión deste incremento de público, desde a Asociación Maravallada tamén se incrementará o letras impresas que se repartirán para que o público siga o repertorio, e que ascenderá a 1.200, posto que o ano anterior foran repartidas 1.000 e, segundo indicou Manuel Espiño "na segunda praza xa non quedaba ningunha". Sobre o espírito desta actividade, Carme da Silva lembrou que "esta é unha cita para todas as persoas que se animen a cantar" incidindo en que "non hai que cantar ben, só hai que ter ganas de cantar".

A concelleira explicou que esta actividade ten dúas fases. Unha de ensaio, que este ano se desenvolveu nos centros sociais do Gorgullón e de Santo André de Xeve durante os meses de maio, xuño e xullo, e que rematou nun ensaio xeral o pasado 1 de agosto no centro social de Salcedo. No ensaio xeral xuntáronse os dous grupos que viñan ensaiando regularmente co obxecto de levar o peso do repertorio o vindeiro venres.

A segunda fase, é o percorrido cantado polas rúas e prazas do día 9, que dará comezo na praza da Ferraría e continuará pola praza de Curros Enríquez e pola escalinata do Teatro Principal para rematar na praza da Leña. Todo este percorrido estará amenizado con pasarrúas a cargo de Treboada do Baixo Miño.

"A filosofía é actuar como correa de transmisión para xuntar a maior cantidade de xente posible cantando polas rúas as cancións de sempre" asegurou Manuel Espiño. Explicou que, das 20 cancións que conforman o repertorio, nesta ocasión se introduciron 4 novas "para motivar máis ao público".

Experiencia

Segundo Espiño, e atendendo á experiencia de anos anteriores "vemos que á xente lle encanta cantar pero ás veces non saben as letras completas", situación que se solventará co reparto das letras impresas co obxecto de recuperar o canto tradicional galego e o espírito festivo desta práctica de forma comunitaria.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia