Combarro non faltou á cita coa poesía o pasado fin de semana cunha nova edición do festival "Fala o Mar", organizado pola ACDeM Armadiña e que reuniu a doce poetas galegos que estiveron comisionados pola combarresa Tamara Andrés, quen é a actual finalista do Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández, polo seu traballo "Corpor de Antiochia".

Dende a organización destacan que esta foi a edición "de máis asistencia e na que o público conectou máis cos poetas" e destacaron tamén a implicación dos nenos, que asistieron a un obradoiro poético o sábado pola mañá e despois recitaron as súas creación pola tarde, xunto cos poetas convidados. "É un festival que ten moi en conta tamén as novas linguaxes, así como polo carácter perfomático das propostas", sinalou Andrés.