Que Combarro sexa hoxe uns dos lugares máis buscados polos turistas por ser un escenarios onde mellor fotografías se poden sacar non é algo novo. "Nos anos 50 e 60, paraban unha chea de pintores que convivían cos veciños, para eles era algo normal", afirma o presidente de A Solaina, Rafael Vallejo. Debido a súa obra, non son poucos os que coinciden en situar ao expresionista Maside como un dos precursores das reportaxes fotográficas.

"Meu tío marchou a Combarro porque xa tiña fama de vila típica mariñeira e sen adulterar e cando volveu, veu cambiado porque alí por fin fora feliz, e merecíao", recoñece o sobriño de Carlos Maside, Xulio Maside. Este sempre estivo moi vinculado ao seu tío, de quen herdou o seu talento na pintura. "Notouse moito o cambio de humor cando veu de Combarro e sempre dicía que 'que maravilla de pueblo, así quería vivir yo'. El era un home moi duro, moito carácter e un intelectual que non tiña medo de berrar con quen fose, pero ao mesmo tempo respectado e bo. Sendo neno, el sempre quixo que estudiara e non fose artista para que non sufrira as miserias que acabaría pasando el na miña primeira acuarela sentín unha sombra detrás miña, xireime e era el e díxome, 'continúa'".