O profesorado e alumnado do IES Aquis Celenis traballou durante o curso nun proxecto chamado "As palabras do Camiño". O proxecto consistiu na creación dunha aplicación móbil desenvolvida integramente polo alumnado de segundo de Bachirelato.

Esta aplicación é un xogo que consiste en resolver adiviñas ata chegar a Caldas. Cada adiviña ten como posible resposta tres palabras, e a resposta correcta é unha palabra que é igual en galego como en portugués, pois as duas linguas son irmáns.

Ademais unha vez resolta a adiviña, pódese coñecer un pouco máis da súa etimoloxía.

Esta aplicación está pensada para o percorrido comprendido entre Lisboa e Caldas, que consta dun total de 23 etapas, 23 adiviñas, 23 palabras, 23 vídeos.

Para que os peregrinos coñezan esta app, haberá nas oficinas de trismo e albergues uns cartaces para dar a coñecer o proxecto co codigo QR que permite decargar a app.

Os obxetivos son os de fomentar e normalizar o uso da lingua galega no ámbito tecnolóxico, porque o galego ten pouca presenza nas redes sociais e nas aplicacións móbiles; resaltar e visibilizar os vínculos que existen entre o galego eo portugués, pois o galego abre as portas dunha lingua que conta con máis de 260 millóns de falantes; e para que o alumnado coñeza e dea a coñecer Caldas de Reis, una vila historica pola que pasa o Camiño de Santiago.