A Asociación Queremos Galego Marín pon punto e final á primeira edición das Xornadas da ciencia en galego con dúas actividades relacionadas coa astronomía. A primeira delas é hoxe, ás 19:30 horas, no Museo Manuel Torres é unha charla na que o físico Dositeo Veiga presentará o proxecto "Ceos galegos" e dará unhas nocións básicas do que podemos observar no ceo nocturno durante todo o ano. Veiga é licenciado en Física pola Universidade de Santiago. Tamén é o responsable principal do www.apodgalego.com, na tradución ao galego do Astronomical Picture Of the Day da NASA e redactor única revista que aínda se edita en castelán con temática astronómica: AstronomíA. Socio.