Programación da derradeira semana do Maio Mes da Lingua, pr xecto da Concellería de Normalización Lingüística que ten como obxectivo promover o uso e a valorización da idioma galego dun xeito lúdico e formativo.

Hoxe, martes haberá Camiñada. Ás 17.00 horas, saída desde a praza da Ferraría. A lingua nas rúas de Pontevedra, con Roberto Rivas e Susana Pedreira.

Mañán, recepción do alcalde ás asociacións da cidade. Será ás 20.30 horas no Pazo de Mugartegui, praza da Pedreira.

O xoves, recital de poesía ás 20.30 horas no Pazo de Mugartegui. "Intempériome" con Xela Arias. Participan: Ana Romaní, Cristal Méndez, Marga do Val e Susana Trigo.

O dia 31 levarase a cabo, ás 17.30 horas, "Sementinhas" para familias.

Serán xogos na area e contacontos na praia fluvial. As peroas que se queiran inscribir poden chamar ao tel. 600775008 e no enderezo pontevedrasemente@gmail.com.