A Asociación Encrucillada celebrará o vindeiro martes unha cita que é xa un clásico no calendario cultural pontevedrés, a conferencia adicada á actualidade da Igrexa. O relatorio correrá a cargo do escritor, teólogo e académico Andrés Torres Queiruga, que adicará a súa intervención ao tema "A figura de Xesús hoxe".

- Segue tendo vixencia a figura de Xesús?

-A figura de Xesús é incombustible na historia. Gústame a expresión de Karl Jaspers, que fala dos homes que dan a medida da humanidade, e sen dúbida Xesús de Nazaret, acéptese ou non a súa divinidade, realmente demostrou na historia unha medida irrebasable.

- Por que o seu exeplo é tan importante na historia?

-Xesús é un home que ven do pobo, da humildade, que ven da aldea, que é perseguido e logra falar cunha xenerosidade de Deus, do amor e do perdón que é insuperable. Na historia non é posible decir máis acerca de Deus do que dixo Xesús de Nazaret: un amor infinito, un perdón incondicional (abonda pensar la parábola do fillo pródigo) e que pon o servicio e o amor aos demais como norma suprema. Se alguén ten algo mellor que decirme eu pásome á súa relixión.

- É esa entrega o que máis pervive?

-Xulio López Valcárcel publicou recentemente un tratado sobre Xesús ( A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. I. De predicador a Mesías. Editorial Laiovento) no que non recoñece a súa divinidade pero si a súa configuración humana. Él non acepta a súa divinidade, un tema do que habería que falar moito, pero si que realmente a configuración desa vida de Xesús entregada polos desmais, humilde e sacrificada, é insuperable. De feito un pode ser ateo pero non pode negar el valor ejemplar de Xesús de Nazaret.

- Xesús de Nazaret foi unha anomalía?

-Xustamente agora estou escribindo deso ( risas)e vou insistir en xusto o contrario, en que non foi unha anomalía porque a figura de Xesús, en contra de eses engrandecementos que moitas veces fixeron nosos antepasados e que son cariñosos pero artificiais, é dunha sinxeleza absoluta: é pobre, vive coa xente humilde, non fala a linguaxe dos mestres senón a linguaxe que entende todo o mundo. Xesús vive unha vida que non está apoiada no poder nin no brillo, nin siquera na ciencia, na sabedoría, senón no amor e no descubrimento dun deus que nos quere irmáns e que se preocupa dos que sofren, polo tanto daqueles que os demais descartan. Hai que insistir en que a humanidade de Xesús é exactamente coma a nosa, dentro da humanidade normal él realiza unha existencia exemplar pero á que nos convida a todos, non fai ningunha cousa que o resto non poida facer. Marca un ideal pero podemolo seguir todos.

- Fala Xesús do celibato?

-Él fala da posibilidade pero en ningún momento fala de que os seus seguidores non podan casarse. Os apóstoles habíaos casados e solteiros. Él dí que algúns que o siguen poden seguir no celibato, coma él ou coma o Bautista, que era moi excepcional, pero non impón eso a ninguén, porque había apóstoles que estaban e seguiron casados. Nunca fala que deban ser célibes, Xesús non impón esa norma.

- Fálase de novo dunha posible anulación do celibato sacerdotal

-É unha norma como ves imposta, lexítima porque unha sociedade ten dereito a impoñer leis, pero non obrigatoria e pódese cambiar con toda a naturalidade.

- Tamén dunha nova visión da Igrexa sobre o divorcio

-Está claro que Xesús pon como ideal o matrimonio para sempre, pero xa o mesmo Evanxelio fala de excepcións por motivos serios. O ideal mantense firme pero pode haber excepcións serias, que é o que o Papa está comprendendo, que pode haber excepcións que hai que revisar ben, que non pode ser unha norma tan ríxida.

- En 2016 o Papa anunciou que todos os cregos poderían absolver ás mulleres que tiveran abortado...

-Vamos aumentando en seriedade, o aborto é máis serio, pero eu penso que tamén. Pode haber casos que agora afortunadamente casi non se ven nos que hai que escoller entre a vida da nai e a do feto. É un mal terrible matar un feto pero sería peor que morrera a nai. Pode haber casos tan graves nos que se poda aceptar esa morte da vida de alguén sano, camiño de ser persoa, pode haber casos así de graves.

- Como é que a mensaxe da gran figura do cristianismo conecta coa de grandes libros sagrados doutras culturas?

-É porque Xesús tivo a sorte de recibir unha gran tradición relixiosa a través da cultura bíblica na que se criou, cultura que á súa vez estaba enormemente influída polas culturas e relixións limítrofes. A Biblia é un libro moito máis ecuménico do que se pensa, ahí están grandes salmos, verdades, sabedorías de Exipto, das grandes culturas mesopotámicas, mestres e posiblemente das culturas indias, a Biblia é un libro ecuménico. Xesús hereda todo eso, xunta eses materiais todos que tuvo por herencia e educación, tamén seguramente os procedentes dos mestres que tivo, coma o Bautista, e levaos a unha plenitude irrebasable. Falamos de amor infinito, perdón incondicional, servicio a los demás como regla única. É decir, dende unha vida sinxela normal abre unha perspectiva universal que o convirte relixiosamente en centro da historia.