Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pablo Carpintero: "Cada zona de Galicia tiña o seu toque particular de gaita, a súa dixitación"

O estudioso encabezará o vindeiro día 25 o roteiro "Gaiteiros de Pontevedra"

O etnomusicólogo Pablo Carpintero. // Rafa Vázquez

Tres músicos de referencia na historia do país serán os protagonistas o vindeiro día 25 do roteiro "Gaiteiros de Pontevedra: Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo e Xan de Campañó", que contará cun guía de luxo, o músico, investigador e artesán Pablo Carpintero. A maiores das intervencións ou da oportunidade de coñecer orixinais e réplicas de varias das gaitas máis antigas e simbólicas do país, haberá música, un atractivo ingrediente no que participará Rosa Sánchez.

- Que van poder coñecer os asistentes a este roteiro?

-Imos de falar de tres gaiteiros importantes, de Xan de Campañó, de Perfecto Feijoo, que foron alumnos os dous de Manuel Villanueva, de Poio, que foi un gaiteiro moi bo e ademáis un gaiteiro moi bo de ahí de Poio, de Pontevedra. Son varias paradas, unha no mosteiro de Poio onde imos explicar como construía Villanueva as gaitas, que era, o que se sabe, e imos tocar algunas pezas do seu repertorio cunha réplica dunha gaita súa. Despois imos ir a Campañó, á casa onde vive a familia de Xan de Campañó, e imos ver a gaita antiga del, imos falar das características particulares desas gaitas, concretamente desa que é unha das máis antigas que se conserva en Galicia, e tamén alí imos explicar como era a técnica destes gaiteiros, porque era moi particular, e vamos tocar cousas de Xan de Campañó que fixen eu.

- Por que son especiais os gaiteiros de Pontevedra? Teñen gaitas diferentes, toques distintos?

-É todo particular, é como noutras zonas de Galicia, o tipo de gaita é particular, unha gaita de ronquillo que se chama, o tipo de dixitación é particular, o repertorio é particular. É coma en calquer outra zona: teñen de particular que son diferentes dos das otras zonas (risas) pero os das outas zonas á súa vez tamén son diferentes deles. Non é que os gaiteiros de Pontevedra teñan nada de especial máis que teñen todo de especial (risas).

- En todas as zonas de Galicia se desenvolveron logo xeitos autónomos de tocar?

Exactamente, si, claro, cada zona de Galicia tiña o seu toque particular, a súa dixitación particular, as súas gaitas propias. Todo eso era era propio de cada zona, e o que vamos explicar no roteiro son as cousas de Pontevedra.

- Vostede replicou varias gaitas dos mestres de Pontevedra?

-No Museo de Pontevedra hai tres gaitas, duas de Villanueva e unha de Perfecto Feijoo, que replicamos, fixemos copias delas. E tamén na casa da familia de Xan de Campañó hai outra antiga que tamén a copiamos.

- É moi complicado o proceso de reproducir unha gaita deste tipo?

-É complexo, si, hai que copiala da forma máis exacta posible. E tamén hai que replicar as palletas. Normalmente fanse en buxo o una madeira que sexa orixinal da gaita, no caso da de Villanueva eran de buxo, a de Perfecto Feijoo era de paosanto e a de Xan de Campañó era de ébano seguramente.

- Coñécese moito de Xan de Villanueva?

-Non, coñécese o repertorio porque foi recollido por Casto Sampedro, coñécense tamén as gaitas del porque están no Museo de Pontevedra e tamén as ferramentas coas que fabricaba que tamén están nese museo. Hai bastante información e coñécese cómo tocaba él a través de como tocaban os seus discípulos, porque de Xan de Campañó e de Perfecto Feijoo quedaron grabacións, entonces sabemos que técnica usaba porque suponse que os seus discípulos tocaban parecido a él.

- Dos outros dous si se sabe máis?

-Feijoo ten unha relevancia moi grande na música e Xan de Campañó foi un dos gaiteiros máis famosos de Pontevedra, despois de Villanueva quen quedou nese sitio, por decilo así, foi Xan de Campañó, un gran gaiteiro.

- Escoitelle que a paisaxe determina o sons das gaitas

-Si, desde o meu punto de vista si, a paisaxe determina varios aspectos importantes das gaitas.

- Como se reflexa eso no caso de Pontevedra?

-No caso de Pontevedra é curioso porque ainda que os gaiteiros dixitan en pechado non soa a pechado. É unha das cousas que suceden, porque onde hai montañas moi altas ou vales moi pechados o pechado soa moi pechado, e segundo as montañas se van abrindo para o sur, se van facendo máis baixas e os vales más abertos aínda que sigue tocando en pechado soa máis aberto, ata que en Pontevedra non se nota a diferencia entre tocar aberto e tocar pechado, dixitaban en pechado pero soa prácticamente como en aberto.

Compartir el artículo

stats