No transcurso do acto co que o Concello de Marín celebrou o Día das Letras Galegas proxectouse a curta de animación "As aventuras de Lúa e Xan en Planeta Briz", que o Concello encargou a Rodrigo Cota, codirector e guionista. Este encargo tamén incluiu a Jorge Costas, encargado da animación. A curtametraxe relata a aventura de Lúa, unha meniña que mentres está xogando en Briz recibe a vista de Xan, un alieníxena a quen lle ensinará o espectacular Parque de Briz.

A curtametraxe foi realizada para a promoción do parque e por en valor o sentido dos xogos, da música, das esculturas de madeira a través da historia dunha nena Lúa e o seu amigo espacial Xan. É unha historia de 12 minutos de percorrido por Briz.