| Cuntis celebrou onte a primeira das tres xornadas festivas polo Día das Letras Galegas. Os actos contaron coa tradicional ofrenda floral ante o busto do escritor local Roberto Blanco Torres. Ademáis houbo unha feira de artesanía, obradoiros para nenos, un certame de pintura e a entrega de premios dos concursos de poesía, cine ou escritura. Os actos continúan hoxe ca xincana lingüística e o Gale Tapas hoxe e mañá nos locais de hostelería.