O Museo Manuel Torres de Marín acolleu a entrega dos Premios da XX edición dos Premios do Día das Letras Galegas. Tanto na modalidade de escolares como de adultos, os premiados leron os seus poemas e as súas poesías, e recibiron os premios que o xurado propuso. Algúns colexios participaron de xeito comunitario e foron varios grupos deles os que recibiron os premios que quedarán para os colexios.

Na categoría de 1º e 2º de Primaria, quedou vencedor o traballo conxunto dos alumnos do CEIP Seixo, nunha novedosa forma de facer unha poesía coa colaboración dos dous cursos, co título "O traxe Galego", quedando en segundo lugar a poesía titulada "A miña irmá", de Candela Caiño sanjorge, do CPR Inmaculada, e en terceiro lugar o "Arco da Vella", de Nerea Piñeiro González, do CPR Inmaculada.

Na categoría de 3º e 4º de primaria, a gañadora foi Clara Pazos Mosteiro, coa poesía "As nenas cantareiras", do CPR Inmaculada, co segundo premio, a obra "Vila de Marín", de Daniel Graña Portela, do CEIP Sequelo, o co tercer premio, os alumnos de 3º e 4º de Seixo, coa obra "Augas de Galicia".

Na terceira categoría, 5º e 6º de primaria, quedou en primeiro lugar a obra "Cantiga de Marín", de Álvaro Pereira Omil, do CEP Sequelo, en segundo lugar a obra "Festas e romarías" dos alumnos do CEIP Seixo, e en terceiro lugar a obra "A noite de desesperación", de Xavier Villaverde Freire, do CEIP A laxe.

Na categoría de 1º e 2º da ESO, quedou gañadora a obra "A miña tía Rosalía" de Lía Zambrana Rosales, do CPR Inmaculada, quedando o resto de categorías desertas.

Gañadora adulta

No transcurso do acto outorgouse tamén o premio na modalidade de Adultos. O xurado avaliador deste XX Certame Premio de Poesía Concello de Marín acordou por unanimidade, conceder o premio de 1.000 euros ao traballo titulado "Enredados", presentado baixo o lema Simón Bolivar, que recaíu finalmente en Rocío Leira Castro.

A xuizo do xurado, a obra gañadora é "dunha marabilla textual que fai gozar ao lector ata o punto de involucrarlo fácilmente no paraíso ficticio como realmente chega a dicir o propio autor o autora".

A autora amosou ao público coma a través dos versos se pode facer unha crítica da realidade nas novas tecnoloxías, dos conceptos utilizados, da forma de usalos, da inmediatez das noticias e do valor que lle damos a imaxe. Matemática de formación, non é a primeira vez que participa e gaña este premio.

Pechouse o acto cunha foto de grupo cos premiados e a interpretación do himno de Galicia.