Co gallo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Asociación Queremos Galego Marín dirixiuse aos partidos políticos que se presentan ás eleccións municipais para lles facer unha proposta que ten a ver co traballo necesario e xusto no ámbito da normalización da lingua galega en Marín. Piden aos partidos que reflexionen e transmitan nos seus actos electorais a situación na que está o galego a nivel xeral e en concreto en Marín e pensen nas medidas que hai que tomar para mudar esta situación.

Neste sentido lembra que os concellos teñen a obriga legal e a responsabilidade social de apoiar e promover o proceso de normalización lingüística. "Para iso deben levar a cabo políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras que poñan en valor a lingua", expón.