Varias candidatas de Marea Pontevedra acompañaron a Luís Rei, Teresa Casal e Celia Abal nunha visita ao mercado, no que definiron como "unha misión comercial máis modesta que a realizada a México polo goberno municipal hai un ano da que se descoñece a día de hoxe o retorno económico que tivo para a cidade".

No mercado de abastos traballan diariamente arredor de 100 persoas que so contan co apoio actual de 5 empregados municipais cando noutras épocas eran máis de 10. As solucións ao mercado que Marea Pontevedra propón pasan, entre outras, pola inclusión dunha consigna de frío e a ampliación do plantel de traballadores municipais, e non quedar na redecoración do andar superior e na improvisación xeralizada no resto coa que o goberno municipal enfronta as actuacións na praza", sinala Rei.

Teresa Casa suspende ao BNG "con dúas sonoras cabazas pola mala xestión do mercado. No ano 2007, cando deixei esta responsabilidade, estábase estudando a colocación dun cortaventos traseiro no acceso ao corredor central, e hoxe, 12 anos despois, aínda non está xestionado. É inaceptable. O mercado está agora completamente abandonado polo goberno local".