Amantes da terra é o proxecto promovido polos artistas Quique Queiman e Andrea Pousa. Trátase dunha iniciativa para difundir a vida e o legado de Antonio Fraguas noutras linguaxes e soportes e que deu lugar a un mini documental, a un espectáculo de gran formato e a tres cancións.

Unha delas, Fraguas de Amor, presentouse onte co seu vídeo e cun documental de 10 minutos de duración no que escritores, académicos, familiares e en xeral persoas vinculadas a Fraguas fan un percorrido pola súa vida e o seu legado.

Neste proxecto colaboran distintas entidades, de ahí que participasen na presentación representantes da Academia Galega, a Fundación Otero Pedrayo e as asociacións Domingo Fontán e Foula, de Cerdedo-Cotobade.