17 de mayo de 2019
17.05.2019

A cultura galega celebra o maxisterio de Antonio Fraguas na carballeira na que xogou de neno

No Día as Letras o presidente da Xunta lembra que os galegos habitamos no idioma

17.05.2019 | 17:26
A sobriña neta de Antonio Fraguas descubre unha placa na escola na que estudiou o homenaxeado

A carballeira de Famelga, na que xogou de neno Antonio Fraguas, convertiuse na mañá deste venres 17 no epicentro de Galicia para conmemorar o Día das Letras. Nun día de primavera galega, con chuvia e raios de sol, a cultura reuniuse en Cerdedo-Cotobade para festexar o maxisterio deste historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista que destacou polo estudo da cultura labrega.
O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, acompañou ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, que presidiu o pleno extraordinario do Día das Letras galegas adicado a Fraguas.

Cos académicos, unha nutrida representación das institucións galegas, dende o presidente do Parlamento aos conselleiros de Cultura, Educación, o presidente en funcións do Tribunal Superior de Xustiza, ou a Valedora do Pobo, nun acto que principiou coa descuberta dunha placa na pequena escola de Famelga na que estudiou Antonio Fraguas.
Descubriu a placa a sobriña-neta de Fraguas, Carolina Martínez, unha dos familiares que asistiu á cerimonia, na que distintos académicos gabaron a importancia dos meses que abren aos menos ao mundo. "Un mestre nas aldeas é un milagre para o futuro", lembrou o presidente da RAG.

Finalizado o acto académico, que non pudo celebrarse no exterior e trasladouse a unha carpa, unha segunda carpa en Cotobade acolleu o acto institucional da Xunta, encabezado polo presidente do Executivo galego e ao que tamén se sumou a presidenta do Congreso, Ana Pastor.
O presidente da Xunta defendeu neste encontró coa veciñanza e de novo institucións e a cultura do país que os galegos habitamos o idioma. "Nel temos un fogar común", suliñou, "no que seguen habitando, grazas ás palabras, os nosos devanceiros e habitarán as galegas e os galegos do mañá".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia