Co gallo do Día das Letras Galegas, Afundación programa en Pontevedra a produción teatral N eorretranca e posmorriña. Trátase da nova proposta do Centro Dramático Galego (CDG)_que presentaron onte na cidade do Lérez a actriz María Roja, a directora do CDG, Fefa Noia e da coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.

Esta reflexión sobre a identidade galega dirixida por Gena Baamonde, e á que lle dan vida dez actrices, poderase ver mañá, Día das Letras Galegas, a partires das 20.30 horas auditorio de Afundación de Pontevedra.

Os responsables do espectáculo suliñaron que son duas pezas as que constrúen esta proposta, Fantasía numero 5 en sol ou non de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. "A través delas", indican os voceiros de Afundación, "o público ten a posibilidade de achegarse a dúas olladas moi diferentes arredor da identidade galega, tema que fai de nexo común de ambos os dous textos.".

Engaden que a linguaxe corporal e o xogo escénico "son os eixos arredor dos que se desenvolveu a montaxe Fantasía número 5 en sol ou non, definida por Gena Baamonde como unha colaxe, un ""atálogo-secuencia de múltiples imaxes dunha terra por facer".

A partir deste traballo de movemento grupal, o texto vai poñendo o foco en tópicos e prexuízos, "que se abordan desde a ironía, o humor e a crítica irreverente".

Pola súa banda, Boisaca ou a divina desgraza reflicte outra visión da dramaturxia contemporánea, "cun fío narrativo máis recoñecible e cargado de retranca a través de personaxes moi caricaturizados".

O propio Roi Vidal, encarnado nunha actriz veterana, é un dos personaxes da obra, na que, coa encarga de escribir un texto sobre a identidade galega como escusa, emprende unha viaxe polo máis alá na procura do seu pai, Roberto Vidal Bolaño. "Neste camiño irase atopando con algunhas figuras emblemáticas do imaxinario galego como Isaac Díaz Pardo, Castelao ou Rosalía, ademais de contar coa axuda de Mary Shelley, a autora de Frankenstein, para intentar encaixar cada unha das pezas desa idea de Galicia".

Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde son as dez intérpretes que darán vida a Neorretranca e posmorriña, conformando un elenco no que teñen cabida varias xeracións de mulleres con formacións e traxectorias artísticas moi diversas en ámbitos como o teatro, as artes do movemento ou o audiovisual.

As entradas para esta obra do CDG poden mercarse na web Ataquilla.com.

Non será o único evento da xornada relaciondo co Día das Letras, xa que centos de escolares participarán esta mañá no Correlingua. Celebraraen duas carreiras (unha para as crianzas de Infantil e outra para o alumnado de Primaria e Secundaria) que partirán da Ferrería ás 10.45 horas.

Esta edición incide na necesidade de que o galego estea en todas as materias do ensino, inclusive as do ámbito científico.