O xurado avaliador do XX Certame- Premio de Poesía Concello de Marín acordou por unanimidade, conceder o premio de 1.000 euros ao traballo titulado "Enredados", presentado baixo o lema Simón Bolivar, que unha vez aberta a correspondente plica, resultou gañadora Rocío Leira Castro.

Segundo o xurado, este texto poético, escrito de xeito libre pero non por iso menos acertado e tremendamente estudado. "Reúne unha ampla gama de contidos que fan sospeitar a grandísima cultura que ten o autor. Cunha linguaxe moi traballada utilizando variedade de neoloxismos que reflicten un amplo coñecemento no campo da informática, medicina entre outros. Combina exquisitamente a temática con certas anotacións mitolóxicas o algunha alusión á literatura", expón o xurado, para quen tamén "escolle un ritmo acelerado naquelas estrofas que desexa enfatizar e pola contra ralentiza de forma logradísima aqueles versos para que o lector poida afondar de xeito intermitente e non perderse na lectura".

A xuizo deste xurado, trátase "dunha marabilla textual que fai gozar ao lector ata o punto de involucrarlo facilmente no paraíso ficticio como realmente chega a dicir o propio autor o autora".

No referinte os traballos presentados optando a concesión do XX premio de poesía para escolares, na categoría de 1º e 2º de Primaria, quedou vencedor o traballo conxunto dos alumnos do CEIP Seixo, nunha novedose forma de facer unha poesía coa colaboración dos dous cursos, co título "O traxe Galego", quedando en segundo lugar a poesía titulada "A miña irmá", de Candela Caiño sanjorge, do CPR Inmaculada, e en terceiro lugar o "Arco da Vella", de Nerea Piñeiro González, do CPR Inmaculada.

Na categoría de 3º e 4º de primaria, a gañadora foi Clara Pazos Mosteiro, coa poesía "As nenas cantareiras", do CPR Inmaculada, co segundo premio, a obra "Vila de Marín", de Daniel Graña Portela, do CEIP Sequelo, o co tercer premio, os alumnos de 3º e 4º de Seixo, coa obra "Augas de Galicia".

Na terceira categoría, 5º e 6º de primaria, quedou en primeiro lugar a obra "Cantiga de Marín", de Alvaro Pereira OMil, do CEP Sequelo, en segundo lugar a obra "Festas e romarías"dos alumnos do CEIP Seixo, e en terceiro lugar a obra "A noite de desesperación", de Xavier Villaverde Freire, do CEIP A laxe. Na categoría de 1º e 2º da ESO, quedou gañadora a obra "A miña tía Rosalía" de Lía Zambrana Rosales, do CPR Inmaculada, quedando o resto de categorías desertas.

Os premios entregaranse mañá venres 17 de maio, as 12.00 horas no Museo Manuel Torres.

O xurado estivo integrado pola presidenta e concelleira María José de Pazo Allariz e como vogais, Isabel Pereira Morata, licenciada en Filoloxía galega, Beatriz Rodriguez Gómez, concelleira, Alberto Mallo Areas, director do Museo e Ana Isabel Martínez Pazos, como secretaria.

Por outra banda, este xoves día 16 ás 20.00 horas o Ateno ofrecerá unha conferencia sobor de Antonio Fraguas impartida pola escritora e filologa Malores Villanueva Gesteira. Durante o acto farase entrega dos premios do V concurso "Marin Conta", convocado polo Ateneo entre os escolares marinenses de primaria e secundaria.