O Museo Torres acolle o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a entrega de premios do XIX edición de concurso de poesía. Neste acto recibirán os premios de poesía os gañadores tanto en categoría escolar, coma adultos. O grupo Picuiña porá a nota musical, interpretando ademáis do himno, unha peza relativa a Antonio Fraguas.

No mesmo acto proxectarase a curta de animación "As aventuras de Lúa e Xan en Planeta Briz", que o Concello encargou a Rodrigo Cota, codirector e guionista. Este encargo tamén incluiu a Jorge Costas, encargado da animación.

A curtametraxe relata a aventura de Lúa, unha meniña que mentres está xogando en Briz recibe a vista de Xan, un alieníxena a quen lle ensinará o espectacular Parque de Briz.