A prioridade do BNG en infraestrutura deportiva é a construción dun novo pavillón deportivo que complemente ao da Seca. É unha demanda propiciada polo numeroso público que para algúns eventos acode a este pavillón, pola alta actividade deportiva desenrolada en Poio que demanda máis infraestruturas e polas características do actual pavillón que se queda "pequeno" para determinados eventos que necesitan unha maior altura.

Este novo pavillón virá a rebaixar a presión que actualmente existe tanto sobre o da Seca como sobre o de Lourido.

Os nacionalistas entenden que "neste mandato que remata, fixéronse varios estudos sobre a posibilidade de instalar este pavillón na Seca, sen embargo, é imposible darlle cabida sen afectar a outras instalacións existentes e que están en perfecto estado".

Sinalan que "nun primeiro estudo veuse a posibilidade de construílo na Reiboa, sen embargo, había que afectar ao Colexio e realizar uns fortes movementos de terra. Posteriormente estudouse instalalo na Seca, pero tamén aquí, hai que afecta ao actual ximnasio tendo un importante impacto sobre o litoral, xa debe acadar uns 14 metros de altura".

Asegura o BN¡loque que "estes anteproxectos levounos a tomar a decisión de instalar este pavillón nunha área de equipamentos semellante en dimensión a da Seca e preto desta, onde terán cabida tamén outro tipo de equipamentos aparcamento e zonas verdes".