Un ano máis o Concello de Poio organiza diferentes actividades para festexar o Día das letras Galegas e reivindicar a importancia do uso da nosa lingua como lingua vehicular e achegarse sobre todo as crianzas e aos mais mozos. De aí que a gran maioría das actividades desta programación estean deseñadas para cumprir esta finalidade.

Xaquín Agulla, en nome deste colectivo lamenta que o 17 de maio deixe de ser unha data meramente festiva, para seguir estando marcada pola necesidade de reivindicar políticas en normalización lingüística específicas, atendendo, a que cada vez son mais os mozos e mozas e as crianzas que declinan usar o galego como lingua materna en favor do español e propón ao Concello de Poio a creación dun Plan de Normalización Lingüístico Municipal para incentivar o uso do galego en sectores como o comercio local, promoción económica, etc..... entendendo que o galego debe estar presente en todos os sectores sociais.

Para o Concello de Poio é fundamental concienciar na importancia de manter vivo o noso idioma, non só como patrimonio cultural inmaterial a conservar senón pola riqueza e orgullo que supón ter un lingua de seu.

Atendendo a este obxectivo, o proxecto Dinamiza Poio, que comezaba hoxe no IES de Poio, e que remate o vindeiro luns, día 20 de maio, ten como finalidade principal, divulgar a nosa diversidade cultural e o patrimonio inmaterial, a través da música tradicional e a súa converxencia coa música electrónica, a través das novas tecnolóxicas, ferramenta idónea e transversal para a promoción e o fomento da lingua galega.

Na Biblioteca Municipal, os interesados en achegarse á figura de Antón Fraguas poderán facelo consultando o punto de interese con obras do autor que con ese obxectivo se prepara.

Por outra banda, os centros de ensino, sitos no municipio, recibirán ao longo destas días un lote de libros galegos, para fomentar a lectura e ampliar os fondos propios de cada unha das súas bibliotecas na nosa lingua.

Carreira popular pola lingua

O vindeiro día 17, festividade das Letras Galegas, o peirao de Raxó acollerá a Carreira Popular Pola Lingua (en colaboración coa Concellaría de Deporte).

Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán como agasallo un lote de libros en lingua galega, adaptados as diferentes idades e categorías,

Como novidade, este ano a carreira se enmarca no I Circuíto de Carreiras Poio Móvese 2019 e polo tanto, puntuable para o mesmo.

Todas as inscricións, incluídas, as dos mais cativos e cativas se teñen que formular antes do mércores 15 de maio en championchipnorte.com. Nesta, web tamén poden consultar as bases que rexerán a carreira.

Tamén esa data terá lugar o acto de entrega de Premios do Concurso Literario Xaime Illa Couto. Frase no peirao de Raxó, salvo condicións meteorolóxicas adversas, neste caso será no Centro Cultural. Haberá tamén un faladoiro "Lingua Galega e Mocidade", a cargo dos mozos da Asociación A Vella Escola, que van explicar a súa experiencia no traballo diario.