| A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega Terras do Umia na que están incluídos centros educativos de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas celebrou onte a X Festa da Lingua no recinto da Tafona en Caldas. Máis de 800 nenos e nenas disfrutaron de dúas horas de música, monólogos, contacontos, etc. Durante o evento entregáronse diversos premios dos festivais de microrelatos e micropoemas. Nesta ocasión a Festa da Lingua celebrouse en exteriores ya que tradicionalmente realizábase no auditorio da azucreira de Portas.