Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xurxo Souto: "Hai unha xeografía en galego para todos os mares do mundo"

"Unha illa entre Escocia e Islandia ten nome galego, chámase O con de Marín"

Xurxo Souto, que presentará a súa nova obra na Libraría Paz. // FdV

A Libraría Paz acollerá o vindeiro día 8 a presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais), a máis recente obra de Xurxo Souto, que estará acompañado neste debut polo xornalista de FARO Salvador Rodríguez e a mestra de música tradicional Lola de Ribeira.

- Que é esta gran travesía?

-É unha novela diferente, e digoo con toda a humildade, diferente porque é unha novela que fala do mar pero na que as protagonistas son todas mulleres. O mundo do mar é un mundo un pouco esquecido, pero dentro de él o mundo das mulleres do mar está doblemente esquecido. E tamén hai outra curiosidade, nesta novela Vigo e Coruña son a mesma cidade.

- Como é eso?

-Porque dende os ollos do mar Coruña e Vigo son a mesma cidade. A un barco que cruza o Atlántico, que ven de América, dalle igual repostar en Vigo que en Coruña, é o mesmo. Os peiraos de Rotterdam, a cidade holandesa, ocupan 80 kilómetros. Dende unha visión cosmopolita Vigo e Coruña somos o mesmo, desgraciadamente estamos separados por cuestións localistas, é algo que tamén quería reivindicar.

- Como son las mulleres do mar?

-As mulleres do mar son o modelo a seguir. Poño un exemplo: fálase moito, e está moi ben, de como na India con pequenos microcréditos as mulleres son quen de poñer en funcionamento toda unha sociedade. Eso das mulleres como líderes da sociedade tamén pasa aquí, pero non se conta. Antes na ría de Vigo e na de Pontevedra cando empezaba o marisqueo todo o mundo pedía o día libre e nun día arrasaban con todo o marisco. Hoxe eses recursos, xestionados en mans de mulleres, dan traballo pra moita xente e están producindo o mellor, a excelencia. O mesmo en Cambados, na Illa etc, o que pasa é que esas mulleres non son protagonistas, están coma ocultas, e o que pretende esa novela: que ese traballo, esa xestión do mar en mans das mulleres, sexa un modelo para todos podamos aprender.

- Temos esquecido ao mar?

-Totalmente, vivimos a maior parte dos galegos cerca da costa, pero cando era pequeno na escola ninguén me falou do mar. Seguro que vostede coñece a Staffan Morling, o profesor sueco que veu estudiar as embarcacións tradicionais a Galicia, parou en Ons e aquí quedou para sempre. Un día preguntaronlle por que viña vivir a un fin da terra e él dixo non, Galicia non é un fin da terra, é un centro do mar. Pero esa visión non a temos: sabemos que os barcos galegos pescan por todos os mares do mundo, pero non que hai unha xeografía en galego para todos os mares do mundo, ao mellor un mariñeiro do Berbés non sabe onde queda Riotorto pero sabe onde queda Capetón. Onde é Capetón?

- En Sudáfrica

-É que falo cunha persoa moi culta ( a xornalista rise). Claro, pois sábeno todos, por exemplo que ó norde de Madagascar hai unha illa que se chama Agalega, hai que míralo un bo atlas con lupa. Eso fala da importancia de Galicia na época medieval, na época das navegacións portuguesas e nomeadamente da cidade de Pontevedra, que era o imperio do mar.

- Sorprendenlle os debates sobre a inmigración nun pobo espallado polo mundo?

-Moito, somos o pobo emigrante por excelencia, e somos cosmopolitas polo esforzo do traballo. Na novela tamén toco ese tema, porque a protagonista, Chiruca Macallás é patroa de pesca (que eu pensaba que non as había, pero si, hai rapazas afortuadamente que son capitanas en petroleiros) e está pescando nunha illa que seguramente coñece, unha pedra que está entre Escocia e Islandia. Coñécea?

- Non

-Pois é un cráter dun antiguo volcán, unha cousa mínima no medio do mar, e ten nome en galego, chámase O con de Marín.

- Por que se chama así?

-Porque pescan alí moitos barcos de Marín. Cando chega alí Chiruca, a protagonista, escoita cantar unha serea, pero non é unha serea coma as que temos por aquí, é unha serea negra, Mami Wata. É que no seu barco navegan tres rapaces senegaleses, de xeito que é normal que os mitos de Senegal tamén veñan cara arriba, tamén temos dereito a coñecer a súa mitoloxía. As nosas nais, aboas, tías, foron traballar a Francia, Suiza, Alemaña, e alí tardaron 30 anos en saber que existía a cultura galega, ata que foron por alí Susana Seivane, Carlos Núñez ou Mercedes Peón. Que non nos pase a nós o mesmo, se aquí hai centos de traballadores africanos no mar comecemos a aprender os seus mitos. E con toda a humildade na novela aparece por primeira vez en Galicia unha serea negra.

Compartir el artículo

stats