Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Victoria Ogando: "Unha pensa que me gustaría facer? Nada, coma o ensino nada"

"O balance de máis de 30 anos de docencia é absolutamente positivo"

Victoria Ogando, onte na Festa dos Maios. // Santos Álvarez

A petición dunha exalumna (a concelleira Carme Da Silva), a profesora e escritora Victoria Ogando (Buenos Aires, 1956) leu onte a Benvida ao Maio. Foi unha mañá de festa para saudar a primavera que a esta profesora xubilada do IES Valle Inclán e Premio Xoán Manuel Pinos lle facía ilusión aínda que, matiza, "nunca participei nela activamente".

- Faise esta festa na zona de Galicia onde é a súa familia?

-Eso sí, toda a miña familia é de Ourense ( a onde se trasladou con 5 anos por mor da morte de seu pai) e alí celébrase moito, tanto ou máis que aquí, é diferente pero celebrase moito, pero eu nunca participei.

- E esta Benvida ao Maio pediullo una exalumna.

-Exactamente ( sorrí) son estas liadas de exalumnas ás que non se lles pode decir que non e estou feliz de estar aquí colaborando nesta festa.

- Cantos anos exerceu vostede a docencia en Pontevedra?

-Toda a miña vida. Trinta e catro ou unha cousa así.

- Que balance fai desta carreira no ensino?

-Absolutamente positivo, hai momentos mellores, momentos peores pero cando ves eses momentos peores unha pensa e que otra cousa me gustaría facer? Nada, coma o ensino nada.

- Que opina da evolución que está tendo o ensino?

-Ten unas cousas positivas e outras negativas. De positivo ten que o ensino actual é moito máis inclusivo, se pensamos cando eu empecei a dar clases era unha minoría a que chegaba aos institutos, hoxe en día é prácticamente todo o mundo, o ensino é obrigatorio ata os 16 anos. E logo, claro, é que o mundo cambiou, non podemos pretender que o ensino sexa agora coma o de fai máis de 30 anos, hai que adaptarse os tempos. Pero os rapaces segue habendo bos e malos, como sempre houbo, e seguirá habendo.

- O que sí temos son tasas de fracaso escolar moi altas, diría que tasas de fracaso colectivo.

-Si, é así, pero eu creo que non é culpa, ou non é só, do ensino en sí, senón que é culpa da sociedade e da valoración que fai do ensino, dos ensinantes? Cando os modelos da sociedade son programas como "Sálvame" o "Gran Hermano" os resultados son eses.

- Pola contra un exemplo positivo de implicación colectiva podería ser esta festa.

-Si, as familias implícanse porque teñen que colaborar pero creo que máis que as familias implicase o ensino e a cultura, son os centros escolares e centros e colectivos culturais os que máis participan. E evidentemente as familias teñen que colaborar tamén e supoño que aos país tocoulles ( sorrí) recoller as laranxas e demais.

Compartir el artículo

stats