01 de mayo de 2019
01.05.2019

A Festa dos Maios abre o Mes da Lingua en Pontevedra

O Concello programa máis dun cento de actividades nas que participarán 2.000 escolares

01.05.2019 | 02:22
Alumnado do CEIP de Pontesampaio co seu maio. // Fdv

A popular Festa dos Maios, desde as 11.00 horas de hoxe na Praza da Ferrería, abrirá a programación do Mes da Lingua, no que o Concello programa máis dun cento de actividades nas que participarán máis de 2.000 escolares ademáis dos veciños que se queran achegar.

A programación combina as actividades clásicas deste ciclo, como Ben Veñas Maio ou a festa da Asociación Cultural do Burgo, o 17 de maio, ademais de novedades como unhas xornadas de mercadotécnia, e outras actividades que voltan ao programa, como a Festa da Lingua.

Iniciando esta programación, o venres 3 impartirase a conferencia "Don Antonio Fraguas Fraguas, unha vida traballando por e para Galicia", por Calo Lourido, ás 20.00 horas no local da Asociación de Veciños San Roque.

E para o público familiar organízase "Sementinhas", unha saída de observación da contorna do río Os Gafos e das especies que o habitan, con merenda ao final. Será ás 17.30 horas no parque de Campolongo, organizado por Semente Ponte Vedra, e cómpre inscribirse previamente.

A primeira novidade do programa chegará o luns 6, cunhas Xornadas sobre mercadotecnia dixital e comercio electrónico, con Gonzalo Moldes Vieites da empresa E-GOI (Portugal). Será ás 12.00 horas no IES Luis Seoane, con entrada libre. Esta actividade está cofinanciada polo Programa Erasmus + da Unión Europea. Seguirá os días 7 e 8 no mesmo centro.

Tamén o martes 7 se ofrecerá a actividade "Apego. Crianza respectuosa" con Ana Couto para familias con nenos de 0 a 6 anos. Desde as 17.30 horas na Casa Azul con inscripción gratuita na web www.apego.gal FB: /apego.gal.

O conxunto da programación, que se desenvolverá durante todo o mes pode consultarse na web www.pontevedra.gal/mml.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia