O Concello de Cerdedo-Cotobade segue a intensificar as actividades na honra de Antonio Fraguas con motivo das Letras Galegas 2019 e vén de celebrar, nos colexios públicos e no salón multiusos de Carballedo, o espectáculo infantil "A detective Peregrina e o insólito caso Antonio Fraguas", ofrecido por Polo Correo do Vento da man de Enrique Mauricio e o ilustrador Carlos Taboada.

As homenaxes a Antonio Fraguas continuarán a vindeira fin de semana co IV Festival de Bandas de Música, que se celebrará o sábado 4 de maio dende as 18.30 horas no auditorio do Centro Cultural de Cerdedo. A Unión Músical de Tenorio e a Banda de Música de Cerdedo adicarán as súas actuacións ao Fillo Predilecto do municipio. Nesa mesma xornada, haberá unha Muiñada das Letras na honra de Fraguas.