O Galegote Rock, unha iniciativa a prol da lingua galega impulsada pola Concellería de Normalización Lingüística, ocupará distintos espazos públicos da cidades mañá sábado, entre o casco hostórico e A Palmeiras. Serán en total nove concertos, entre eles un protagonizado por seis grupos.

Ás 12 horas tocará no Campiño Marcelo Dodobe, mentres que ás 13 horas será o turno de Pantis, na rúa Sor Lucía. O concerto de Xeración Sónica contará con Musyhu, Alan, Rebel Spirit, Kid Cobra, Froalla e Iht! e comezará ás 14 horas no Campiño.

Xa ás 15 horas será a quenda de Manuel Camagno na Praza de Méndez Núñez. O resto de concertos serán nas Palmeiras: Grilo ás 17 horas, Chicharrón ás 18, Oh! Ayatollah ás 19, Malandrómena ás 20 e Terbutalina, o prato forte, ás 21 horas.