Hoxe remata o prazo para presentarse o XX Concursos de Poesía Concello de Marín. Lembrar que segundo as bases, os traballos teñen que estar escritos en lingua galega, e terán unha extensión mínima de 100 versos, non sendo imprescindible que formen parte dun só poema.

O premio único é de 1.000 euros e os orixinais presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Marín. Deberán constar de catro exemplares mecanografiados, segundo as bases dispoñibles.

O xurado fará público o resultado o vindeiro 14 de maio e o premio entregarase o Día das Letras Galegas. A gañadora terá que ler o traballo no acto de entrega do premio.