A Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra ofrece mañá, 24 de abril, dous obradoiros nos CEIP e IES da Xunqueira. Está previsto uns Contos nas Orellas para un grupo de 26 escolares de 4º de Educación Infantil do CEIP A Xunqueira. Será a partir das 12.00 horas.

Este obradoiro, impartido por Bea Campos de Migallas, está enfocado a todos os cursos de educación infantil e aos catro primeiros cursos de primaria. É un obradoiro concibido para impulsar o uso da lingua galega nas nenas e nos nenos a través dos contos, os xogos e a música.

Os cursos de Regueifa serán no IES A Xunqueira II para dous grupos de 20 mozas e mozos de 4º de educación secundaria. Os horarios serán ás 10.30 horas e ás 12.30 horas.

A regueifa, impartido pola Central Folque, é un obradoiro para rapazas e rapaces dos últimos cursos de educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. A través da improvisación oral en verso tradicional, exploraranse os prexuízos contra a lingua galega e aprenderanse recursos de improvisación poética.