16 de abril de 2019
16.04.2019

O BNG presenta a súa candidatura para iniciar a "transformación real de Sanxenxo"

16.04.2019 | 01:57

O BNG de Sanxenxo presentou a súa candidatura ás elecciones municipais do vindeiro mes de maio e que estará encabezada pola exconcelleira de Cultura e Educación Sandra Fernández Agraso.

Os nacionalistas escolleron o mirador de Caneliñas para dar a coñecer o nome das 16 persoas e tres suplentes que acompañarán a Sandra Fernández Agraso nunha candidatura que conxuga renovación, veteranía, mocidade e experiencia e na que tirou de simbolismo ao reservar o último posto da lista para o actual portavoz do grupo municipal do BNG, David Otero.

Fernández Agraso explicou que se trata dun grupo de persoas con "capacidade de xestión, formadas, con ganas e ilusión, preparadas para gobernar Sanxenxo e iniciar unha transformación real para a nosa veciñanza e garantir unha mellor calidade de vida". A candidata nacionalista definiu o seu equipo como "unha candidatura en positivo, con persoas formadas, capaces e participativas".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca