| O IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela, emprazado no barrio de Fontiñas, recibíu un exemplar dun carballo das Terras de Cotobade e un pouco de terra da finca que acolle a casa natal do persoeiro das Letras Galegas 2019, situada en Insuela, na parroquia de Loureiro. Deste xeito, pretenden renderlle unha homenaxe eterna ao seu Fillo Predilecto, xa que o vindeiro luns van plantar esta árbore no patio do seu instituto.