O Concello de Cerdedo-Cotobade ten organizada unha excursión a Santiago enmarcada na programación municipal das Letras Galegas 2019 que servirá para homenaxear a Antonio Fraguas e que inclúe unha visita ao Museo do Pobo Galego, institución á que o Fillo Predilecto adicoulle a metade da súa vida e que sempre considerou o seu gran proxecto.

Esta viaxe, aberta a toda a veciñanza terá lugar este sábado, día 6, e o prazo de inscrición permanecerá activo ata hoxe, podendo formalizarse a participación nas sedes administrativas municipais de Carballedo e Cerdedo ou a través dos teléfonos 986 760001 ou 986 753006. As prazas son limitadas ata cubrir todo o aforo e cubriranse por rigorosa orde cronolóxica de inscrición.A excursión partirá ás 8.30 horas.