A Concellería de Normalización Lingüística pon en marcha Roteiros e obradoiros escolares que se celebrarán hoxe e mañá. Ademais, a cantante Sés será protagonista do faladoiro "Cántamo en Galego" que terá lugar no IES Sánchez Cantón o vindeiro xoves 28 de marzo, ás 17.30 horas con entrada libre.

Hoxe ás 10.30 horas, un grupo de 30 nenos e nenas de Educación Especial do CEE Pontevedra farán un percorrido guiado polo centro histórico, para descubrir a cidade a través de xogos. En cada parada haberá unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes.

Ademais se organizan dous obradoiros de "Mario pensaba que o galego non servía para nada". Ás 10.15 horas para 32 nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria do CEIP Ponte Sampaio e ás 12.00 horas, 46 nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do Colexio Sagrado Corazón de Xesús e un obradoiro impartido Polo Correo do Vento dirixido a pequenos desde 3 anos ata 1º e 2º curso de Educación Primaria.

Outros dous obradoiros de "Para vir a xunto a min, vai mollar a lingua, galopín" comenzarán ás 9.30 horas, para 34 nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Froebel. Ás 12.35 horas ,36 nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Parada Campañó participarán neste obradoiro, así como outro orientado a 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria, 1º e 2º curso de Educación Secundaria. A xornada remata con dous obradoiros de Regueifa para FP Básica do CIFP A Xunqueira e o IES Torrente Ballester.