Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Montse Fajardo: "O feminismo é imparable, por eso provoca tanta reacción"

"As vidas de varias das protagonistas de Invisibles seguen marcadas polo maltrato"

A escritora e xornalista Montse Fajardo. // Rafa Vázquez

A versión teatral do libro Invisibles de Montse Fajardo ven de ser una das grandes triunfadoras dos premios María Casares. Foi toda una sorpresa para esta "aboa orgullosa" da obra (non é a nai directamente, xa que a adaptación é de Redrum Teatro) e un novo éxito para o seu libro, sete terribles relatos sobre o maltrato que acadan agora una nova visibilidade. "Inda que non me tocan os premios de xeito directo ao estar baseada a obra no libro reciboo coma se fora un cachiño meu, estou feliz", recoñece, "porque como dixo Marián Bañobre ao recoller o premio é sobre todo un reconocemento ás vítimas, ás 5 mulleres que contaban a súa historia e ás 2 familias das que xa non están".

- A presentación de Invisibles coincidiu nun punto de inflexión do movemento feminista

-Si, foi en novembro e no marzo seguinte prodúcese esa oleada do 8-M. Eu penso que o movemento feminista é imparable, por eso está provocando tanta reacción en contra, porque está claro que é revolucionario e vai cambiar as cousas. Estou moi contenta de que sexa cada vez menos minoritario, que cada vez haxa máis xente purrando para que se acabe con este tema da violencia machista, que simplemente é una das caras do machismo. Estou moi contenta de que esta oleaxe sexa imparable e de que Invisibles poidese aportar un gran de área.

- Preocupanlle os movementos que piden a derogación de leis de xénero?

-Si, paréceme que tamén reflicte a importancia do movemento feminista, se nos damos conta as siglas de máis ultradereita as grandes novidades que aportan, o primeiro que anuncian, é que van derogar as leis que teñen que ver coa muller, sexan o aborto, igualdade ou contra a violencia de xénero. Somos o que queren cambiar, o feminismo é para eles o principal inimigo a atacar. E por suposto preocupa que eso poda ter reflexo nas institucións. Estas ideas non son nada novo, estaban en outras siglas moi coñecidas, pero aínda que facían insinuacións estábanse quedando no políticamente correcto, polo menos gardaban as apariencias e había temas que parecían intocables, como a unanimidade na consideración de que a violencia machista era un problema social. Aparecen voces que din que non e cada vez algúns se escoran máis hacia esa idea, preocupame e espero que as mulleres teñamos claro que son o inimigo a bater e non lles deamos ninguna cancha.

- Invisibles é una historia de 7 traxedias ¿cómo é hoxe a vida das supervivintes?

-Todas se afastaron xa das persoas que lles fixeron o dano, dalgún xeito casi todas romperon a relación e eso xa é una mellora indiscutible, pero o certo é que varias seguen todavía marcadas por esas historias de maltrato. Primeiro porque no libro aparecen tres mulleres con nomes que non son reais, tivemos que agochar a súa identidade para protexelas dos seus maltratadores. E eles seguen aí, aparecen de cando en vez, por exemplo no caso de Irene van máis de 10 anos que está separada, os seus fillos xa non teñen relación con ese señor que os maltrataba e de cando en vez aparece onde están mercando ou no sitio de ocio. E á súa filla, que no libro era unha nena pequena e agora é adolescente, segue pechándose no primeiro baño que atopa se ve a seu pai, tenlle terror. As cousas melloraron pero seguen marcadas, non teñen a liberdade que temos ti e máis eu, cada vez que sae á rúa pensa se o pode ver e vive con verdadeiro terror. E Eva, outra das que sae con nome ficticio, tamén; vai pola súa cidade con medo a atoparse con él, que segue ocupando un cargo importante na vila, segue sendo a ollos da xente un home triunfador e ela un pouco afastada do seu círculo.

- Ese afastamento é unha pauta que se repite nas maltratadas

-Teñen que denunciar, non queda outra, pero sí que é verdade que cando unha muller denuncia pode que él teña un problema pero esa muller teno tamén. E todas, todas as mulleres coas que falei directamente coinciden en que cando denunciaron ó seu maltratador o círculo de amizades, que normalmente é común á parella, acabou do lado del. Non por apoio directo, pero sí o de "vamos a quedarnos no medio, vamos convidar ós dous a cada cea e eles que decidan". Claro, él non ten ningún medo e vai a ir e ela non vai querer atoparse co maltratador. Cando a sociedade adopta unha posición neutral está apoiando claramente ó maltratador. E eso pasoulle a todas as protagonistas, a todas as que romperon a relación, o círculo común en ningún caso dixo "eu estou con ela e afástome del", non.

- Mellorou a vida das que relatan a súa historia?

-Houbo despois da publicación de Invisibles xa sentenzas xudiciais en casos que estaban abertos, por exemplo de Marga. A Fiscalía dixo que non vía omisión de socorro, a xustiza incluso cando hai un bebé asasinado, unha proba máis que evidente de que Marga non estaba esaxerando cando foi pedir axuda e non a obtivo, incluso nese caso a xustiza considera que non pasou nada. Non pasou nada por non escoitar a esa muller, non pasa nada. Así que melloraron as cousas porque elas xa non viven con eles, pero deixa moito que desexar o que tiveron que pasar. O apoio que terían que ter tido por parte da sociedade e das institucións non foi o desexado.

- Participa en moitos actos vinculados a Invisibles nos institutos. Que conclusións obtén da relación cos mais novos?

-É moi satisfactoria a resposta, moito, aí sí que son optimista, a veces parece que ai un respunte, que algún nenos adoptan actitudes machistas, pero en cambio co contacto con eles vese que están moi concienciados en xeral sobre esa problemática, é unha gran satisfacción esa resposta.

Compartir el artículo

stats