Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alberte Blanco: "Cobres foi nun tempo concello autónomo, independente de Vilaboa"

A Casa da Luz acolle hoxe a presentación de "Memorias da Brétema", un libro con historias, crónicas e relatos sobre o Ulló

Alberte Blanco Casal. // Santos Álvarez

Convidado pola Asociación Maio Longo, Alberte Blanco presenta hoxe ás 20 horas na Casa da Luz "Memorias da brétema", unha obra na que propón historias, resultados das súas investigacións históricas e relatos nunha homenaxe ó Ulló, como era coñecida no seu tempo a enseada de San Simón, ó seu pasado e futuro.

- "Memorias da brétema" é un percorrido sentimental pola súa parroquia de orixe

-É un libro de memorias da infancia, con algún relatos; non é dun xénero específico senón relatos vinculados á infancia e algo de ensaio e investigación histórica. Na obra predomina o aspecto emotivo e sentimental, porque efectivamente refírese á aldea onde eu nacín.

- O primeiro que aborda é o devir histórico de Cobres nos últimos séculos. Que é o que máis vai sorprender ao lector?

-O que fago con este tipo de investigación e relatos é descubrir algún episodios a través de protocolos notariais e da investigación nos arquivos históricos de episodios vinculados cos primeiros axuntamentos democráticos coa primeira Constitución de Cádiz, e descubrín que Cobres foi nun tempo concello autónomo, independiente de Vilaboa.

- Durou moito tempo ese concello?

-Non, foi no 1820, probablemente existise no ano 14 pero como realmente Fernando VII derogaba constamente o réxime constitucional pois non temos documentación explícita nese ano, aínda que se fala dun alcalde constitucional naquela altura. E logo no 1920 e 1921 foi durante uns meses ata que volveu a derogarse o sistema constitucional e volve Fernando VII por enésima vez. E logo houbo unha última intentona no 1826 de solicitar a creación dun concello entre San Adrián e Santa Cristina, que non se chegou a executar.

- Tamén fala nese capitulo de persoaxes singulares

-Un delas é un antepasado meu, un tal Xan Blanco, fora xuiz de paz na época de Montero Ríos, un persoaxe moi vinculado a actividades pesqueiras e armadoras. Descubrín casualmente que él estivo vinculado a un episodio de fuga de alemán na Primeira Guerra Mundial na que España era un estado neutral e non podía facer ningún tipo de actividade que axudase a un dos bandos. E parece que Xan Blanco estivo involucrado nun desprazamento, incluso con dous submarinos, suministrandolle avituallamento e o pasaxe ata as Cíes, son temas dos que nin a propia familia tiña coñecemento.

- Que importancia tiveron Roxelio Calvar e seus curmás?

-Foron os primeiros republicanos que houbo na II República na zona de Vilaboa. Tiveron unha grande actividade social creando escolas e actividades vinculadas ó movemento agrarista, xa en la época de Primo de Ribera, e co golpe de 1936 foron apresados e represaliados, condeados primeiro a perpetuidade, estiveron na illa de San Simón, como moitísimos outros recursos, e logo levaronnos ao penal de Pamplona. Conto esas peripecias ata o naufraxio dun barco con falanxistas frente a illa de San Simón porque nese barco ía tamén xente vinculada a Roxelio Calvar, e son historias totalmente documentadas.

- Aborda noutro momento o tema do estraperlo

-É unha historia vinculada ao contrabando que aínda que se cambiaron o nome das persoas é un relato auténtico. É unha viaxe de contrabando entre Vigo e Camiña, en Portugal, no estuario do Miño, e conto unha aventura que ocurriu en realidade e que a piques estivo de costarle a vida ós que participaban no estraperlo, que non eran máis que mandados, non eran os que organizaron o contrabando.

- Non falta na obra a loita contra a autopista

-A última parte está composta por 20 relatos, dende a nenez á primeira mocidade, e un dos últimos é un relato sobre o que ocurriu con ese tema, houbo bastante loita veciñal polos impactos enormes que tiña a autopista e relato as circunstancias das persoas que loitaron alí, eu entre eles, aportando documentos que se elaboraron para presentarlle a Calvo Sotelo cando era ministro de Obras Públicas. Faise un repaso dos episodios máis importantes e do contexto político que había naquela época, en pleno inicio da reforma democrática.

Compartir el artículo

stats