14 de marzo de 2019
14.03.2019

O Salón do Libro cumpre 20 anos

A edición "A revolución" ten á lusofonía como invitada e agarda recibir a miles de visitantes

14.03.2019 | 03:17

O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpre 20 anos, un aniversario que celebrará por todo o alto cun programa que inclúe máis de 300 actividades. Esta nova edición, que leva por título "A revolución" e terá lugar entre o 22 de marzo e o 12 de abril no Pazo da Cultura, contará coa colaboración de 60 centros escolares colaboradores e xa ten concertadas as visitas de máis de 10.000 alumnos. Serán eles os encargados de crear a exposición de traballos dos colexios.

A ambientación xeral espallarase polo Pazo da Cultura e o Recinto Feiral e corre a cargo de Paspallás, Trisquelia, Ana Seoane e Elefantes de Cacharrería. Só o ano pasado o Salón recibiu a visita de preto de 30.000 persoas.

"Hai vinte anos creamos un proxecto enorme dende este Concello, é un deses exemplos é o Salón do Libro", lembrou a concelleira de Cultura, Carme Fouces.

Por aquel entón, tal e como sinalou, a cita coa lectura supuxo toda una revolución na vida cultural e social de Pontevedra porque levaba implícito introducir a literatura en todo o que tiña que ver coa música, o teatro e outras manifestacións artísticas. "Cremos que se conseguíu revolucionar á cidade", subliñou.

Dende o Concello se salienta que manter un programa coma o do Salón do Libro "é algo excepcional". "Ten que ver co compromiso político coa cultura e o idioma", en palabras de Fouces.

Entre as múltiples actividades que o programa deste ano ofrece, destaca especialmente o II Congreso Internacional de Mediación Lectora, que terá lugar entre o 27 e o 30 de marzo. Incluirá conferencias, presentacións de libros, obradoiros e recitais coa participación de nomes da literatura lusófona coma os portugueses Ana Pessoa e José António Gomes, os brasileños Roger Melo, André Neves ou Henrique Rodrigues, o angoleño Zetho Gonçalves, Lucas Ramada, Paola Guimeráns, Rosa Aneiros e Carlos Negro, entre outros.

A cultura lusófona é a invitada deste ano e o autor homenaxeado é o poeta Antonio García Teijeiro, natural de Vigo.

Así mesmo, Carme Fouces fixo fincapé na estrea do espectáculo "Mai Mai" de Baobab Teatro, "algo alucinante en relación coa biodiversidade e a revolución medioambiental". Tamén no espazo específico de banda deseñada e no encontro lector "Lemos e somos VIP!".

Novidades

Entre as novidades desta edición, figura unha colaboración co programa de ocio alternativo Noites Abertas e outra co sector da hostalaría. Ademais, por primeira vez se porá en marcha o "Espazo trocalibros", unha iniciativa do IES Torrente Ballester.

Unha das actividades máis entrañables terá lugar en colaboración coa residencia de anciáns de Campolongo, que participarán cos nenos nun obradoiro de lectura.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia