Identidade e dereitos civís dende a escrita é o título do Parlamento de Escritoras-es que celebrará en Pontevedra a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galga (AELG) os vindeiros días 15 e 16.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, e o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, avanzaron que se trata dun formato novidoso e moi traballado no que se afondará na vinculación entre a escrita e os dereitos civís "nun momento de retroceso", lamentou o escritor. Éste engadiu que atravesamos "un momento de especial gravidade, con lexislacións que nos devolven a momentos moi oscuros".

Neste escenario, suliñou a concelleira de Cultura, "é necesario reflexionar" sobre a vulneración "de dereitos culturais, sociais e políticos", analisar o alcance e esa vulneración e as súas consecuencias.

Acto literario no Principal

Con estes obxectivos o Parlamento artellarase en mesas redondas e grupos de traballo e rematará o vindeiro sábado a partires dás 19.30 horas no Teatro Principal cun acto literario e musical no que participarán os escritores Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés, Marica Campo, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Antonio García Teijeiro, Antía Otero, Eli Ríos, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Rafa Vilar.

O Pazo de Mugartegui acollerá o venres 15 duas mesas redondas sobre Liberdades civís e dereitos nacionais e Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade, nas que participarán autores como a vasca Laura Mintegi, a catalana Clàudia Pujol, o director da Institució de les Lletres Catalanes Joan Elies Adell ou o galego Suso de Toro.

As actividades da mañá do sábado celebraranse no Pazo da Cultura, con mesas de traballo sobre temas como Feminismos, A desposesión da terra e da identidade, a Lingua e o patrimonio cultural o Cultura, medios de comunicación e poderes. Marta Dacosta, Antonio Reigosa, Vicente Araguas o Ana Romaní participarán nestes encontros.