A Asociación Queremos Galego Marín presentou una moción aos grupos do pleno municipal, na que propón realizar un estudo da contaminación lumínica do concello de Marín. Na moción propón que sobre este estudo o Concello "instalará, modificará, substituirá, suprimirá ou ampliará a rede de alumeado público baixo criterios científicos que busquen mellorar a calidade do ceo nocturno da vila de Marín".

Por último a moción propón elaborar unha ordenanza que regule todos os aspectos que teñan que ver coa iluminación e procure unha mellor calidade do ceo nocturno.

Queremos Galego entende que cunha boa planificación e utilización do alumeado público, Marín podería optar a unha certificación da International Dark-sky Association, unha asociación recoñecida mundialmente que traballa para protexer os ceos nocturnos para as xeracións presentes e futuras. "Marín podería acadar, de traballar na dirección de acabar coa contaminación luminosa a International Dark Sky Community, ou algún dos seus parques ou zonas de recreo a Urban Night Sky Place, permitíndolle á veciñanza gozar do ceo nocturno na nosa vila", expón o colectivo veciñal, que xa presentou a moción ao Concello.