22 de febrero de 2019
22.02.2019

Os escolares de Ardán celebran o Día de Rosalía

O colexio acollerá para a semana dúas xornadas de portas abertas

22.02.2019 | 13:53
Os escolares de Ardán celebran o Día de Rosalía

O CEIP de Ardán, en Marín, celebrou este venres o Día de Rosalía con motivo do nacemento (24 de febreiro) da gran poeta galega. Todo o colexio traballou sobre a súa figura. As nenas e nenos de 5º e 6º curso de Educación Primaria foron polas clases recitando aos máis cativos uns dos seus poemas e resaltando a importancia coma poeta galega e tamén fixeron unha gravación con algúns versos significativos dalgúns dos seus poemas.
Por outra banda, o colexio celebrará dúas xornadas de portas abertas o luns 25 e martes 26 de febreiro, a partir das 16.30 horas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia