Marín celebra o vindeiro 24 de febrero o "Día de Rosalía" e a Concellería de Cultura convida a toda a venciñanza a celebralo, ben asistindo a una "Intervención teatralizada" en torno á figura de Rosalía de Castro, o sábado as 12.30 horas no salón de actos da Biblioteca "Vidal Pazos"; ou o propio domingo, na Alameda de Marín, as 12.30 horas, comenzando cunha actuación dos Chaneiros, e logo as 13.00 horas a actuación teatralizada "Sempre Rosalía", a cargo de Producións Dispersas.

A actriz Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, e o actor Diego Freire, inician un diálogo no que non faltan poemas de Rosalía e doutros autores que homenaxean á figura da grande poeta. O obxectivo último da intervención é a celebración da figura de Rosalía de Castro. Tamén pretende salientar o seu papel central na cultura galega, e a feliz excepcionalidade de que ese lugar central estea ocupado por unha muller, malia tódolos atrancos que tivo que superar.