Musigal, concibido pola Deputación para responder á demanda dos concellos de contar con apoio para programar música en galego do sector profesional, introducirá nesta nova edición dúas novidades importantes, unha que estipulaba que cada concello da provincia só podería optar a unha actuación e, a segunda, que os grupos inscritos non poderían ter máis de cinco actuacións ao abeiro deste programa. O que si se mantén é a formula de cofinanciación entre a Deputación e os concellos e, ao igual que na pasada edición, o organismo provincial asume o caché do espectáculo do grupo ou artista, mentres que o concello aboa a produción da actuación: equipos de son, luz, escenario e demais medios necesarios para o desenvolvemento da actuación.

A respecto do calendario aprobado na Xunta de Gobenro, foron dous os grupos que acadaron as cinco actuacións: Treixadura que actuará en Barro, Caldas de Reis, Cambados, O Grove e Redondela; e Roi Casal co espectáculo "Son galego/ Son cubano" que actuará en Poio, Cangas, Lalín, Nigrán e Vilanova de Arousa. Con catro concertos son cinco os grupos: Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que actuarán en Bueu, A Estrada, O Rosal e Vilagarcía de Arousa; Verbena Galega, que pasará por Agolada, Pazos de Borbén, Pontecesures e Meaño; Óscar Ibáñez & Tribo que estará en Catoira, Mondariz, Moraña e Sanxenxo; A Roda en A Lama, Meis, Soutomaior e Sanxenxo; e Sondeseu Orquestra Folk de Galicia en Gondomar, Pontecaldelas, Ponteareas e Tomiño.

Con tres actuacións sitúanse catro formacións: Luar na Lubre que estarán en A Cañiza, Ribadumia e Rodeiro; Amantes da Terra en Marín, Cerdedo-Cotobade e Vila de Cruces; Susana Seivane en Salceda de Caselas, Tui e Porriño; e a Orquestra de Cámara Galega en Campo Lameiro, Crecente e Mondariz Balneario. Con dúas actuacións son 5 os grupos: Leilía en As Neves e Portas; Budiño en A Illa e Salvaterra de Miño; Pepe Vaamonde Grupo en Dozón e Silleda; Ardentía en Fornelos de Montes e Oia; e Andrea Pousa con Banda en A Guarda e Mos. Mentres, cunha soa actuación cóntase a Sés en Vilaboa; a Anxo Lorenzo Band en Moaña; 24 Instrumentos Populares Galegos en Cuntis; Festicultores Troupe en Covelo; Herdeiros da Crus en Baiona, Milladoiro en Arbo; e Roi Casal coa xira 10º Aniversario en Forcarei. Este ciclo de concertos comezará en abril e rematará en setembro.