Regueifeiros da Asociación Oral de Galiza comezan onte a impartir os obradoiros didácticos en centros educativos, entre eles o colexio Don Aurelio de Cuntis, no marco do certame provincial de regueifas que promove a Deputación. Esta iniciativa, que forma parte da programación cultural ao abeiro do Ano da Música, arranca na súa primeira edición con 40 centros educativos da provincia inscritos.

Os obradoiros están dirixidos a alumnado de secundaria e son do 14 de febreiro a o 8 de marzo con duas sesións por centro, e o certame conta cunha exhibición final que coincidirá co Día Mundial da Narración Oral, o 20 de marzo, e que terá lugar no Auditorio do CVC de Valadares, en Vigo. Os centros nos que empezou a inicaitiva foron o Colexio Sagrada Familia Aldán e o CPR Compañía de María, ambos de Cangas; o CPI Cova Terreña de Baiona, o CPI Aurelio Marcelino de Cuntis; e o IES García Barros de A Estrada. O obxectivo destas sesións é o de traballar co alumnado as capacidades de improvisación a través da metodoloxía para a controversia tradicional en verso, un antecedente de manifestacións musicais actuais como é o rap. Así, trabállanse aspectos relacionados con conceptos poéticos, como son a rima, o ritmo ou a métrica, introducindo a perspectiva respectuosa e igualitaria, mais tamén a retranca e o sentido do humor, así como a tradición e cultura oral galegas.

A Asociación Oral de Galiza e a Deputación teñen impulsado dous volumes teóricos sobre a disciplina da regueifa, como foron "Repente galego" e "Metodoloxía da regueifa".