As responsables comarcais de Galiza Nova e da Asamblea de Mulleres, Marta Gómez e Uxía Castro, presentaron conxuntamente "As Eduardas", un club de lectura en clave feminista que a agrupación xuvenil nacionalista porá en marcha para dar a coñecer a labor literaria de mulleres feministas e que, ademáis, permitirá abrir un debate sobre esta cuestión.

Ambas coincidiron en que se trata dunha cuestión que desperta moi inquedanza entre a xuventude polo que fan un chamamento a estudantes, pero tamén "a persoas de calquer xeración" que poidan aportar "puntos de vista distintos" a sumarse a esta iniciativa, que terá a súa primeira reunión o vindeiro 4 de febreiro, ás 16.30 horas, nun lugar ainda por determinar pero que farán público a través de diversas canles.

Nesa xuntanza decidirán cal será o primeiro libro a ler e fixarase un segundo encontro, que terá lugar o 22 de febreiro e contará coa presenza de Ana Pontón e, a poder ser, coa autora do libro elexido.