Castelao está no centro das actividades programadas pola Concelleria de Normalización Lingüística e dirixida a escolares. Onte participaron las Camiñatas con Castelao los alumnos do CEIP Manuel Vidal Portela en doas tandas. Nesta camiñata buscouse a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra. Despois explicouselles a figura do artista na Boa Vila na que sen dúbida foi a súa estapa máis prolífica e, sobre todo, multifacética. A cidade de Pontevedra convirteuse neste roteiro, nun auténtico museo urbano a través do que percorrer a vida de Castelao, que é como dicir a vida urbana na época en qe a nosa cidade emitía a luz máis nidia do século XX.