09 de enero de 2019
09.01.2019

Castelao e a súa pegada na Boa Vila centran as camiñadas para escolares

Unha exposición amosa no CEIP A Xunqueira II a vida e obra do escritor, artista e político

09.01.2019 | 02:20

A figura de Castelao e todo o que o escritor, artista e político supuxo para a cultura e a historias de Galicia centrarán as actividades programadas pola Concellería de Normalización Lingüística para hoxe difixicas a escolares con motivo do seu pasamento, o 7 de xaneiro de 1950 na cidade arxentina de Bos Aires.

As "Camiñadas con Castelao" levarán esta mañá a preto dun cento de alumnos de quinto e sexto de Primaria do ECIP Manuel Vidal Portela. Na camiñada buscarase a presenza da lingua galega seguindo os pasos de Castelao pola Boa Vila, na que foi, sen dúbida, a súa etapa máis prolífica e multifacética.

A cidade convértese nun auténtico museo urbano a través dun percorrido pola vida do galeguista. O paseo servirá, ademais, para que os seus participantes coñezan de preto outros fitos da historia de Pontevedra.

O percorrido comezará na Praza de San Xosé cuha parada no edificio do Café Moderno, onde Castelao e outros intelectuais da época adoitaban compartir impresión sobre a actualidade política e social. Dende alí dirixirase á rúa da Oliva, onde o escritor vivíu coa súa familia, e as Prazas da Ferrería, Verdura e Leña.

Tras pasar pola igrexa de San Bartolomé, irase ao Sexto Edificio do Museo, onde se encontra a maior exposición permanente co legado do artista.

A Praza da Pedreira, a rúa César Boente e a de Méndez Núñez darán paso á rúa Real, a Praza das Cinco Rúas e á Praza do Teucro. O Teatro Principal e a Praza de Santa María porán fin ao percorrido.

Mostra

Por outra banda, ata o 31 de xaneiro estará no CEIP A Xunqueira II unha exposición sobre Castelao dirixida a pequenos. A mostra está ilustrada con debuxos de Pepe Carreiro, capas de libros e debuxos de Castelo centrados nos nenos e nos animais e fotografías que ilustran a vida do pontevedrés de adopción.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia