A biblioteca municipal de Caldas de Reis, tacolle hoxe sábado, ás 11.00 horas, a última actividade do ciclo Nadal de conto na biblioteca! Nesta ocasión, trátase dun obradoiro de xogos de mesa en galego, a cargo de Brazolinda. Está destinado para un público familiar con neno de entre 3 e 10 anos.

Como é habitual na actividades da biblioteca, é de balde pero é preciso inscribirse na biblioteca ou chamando ao teléfono 986 53 06 04.

Hai uns días o persoal do centro fixo chegar os nenos historias sorprendentes e divertidas en torno ao Nadal e despois realizouse un pequeno obradoiro de manualidades de motivos destas festas. Cada neno levou un agasallo para a súa casa como unha árbore ou unha bolsa.