Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A obra 'O home inédito' non sei se pasará a historia por boa, pero si pode pasar por pioneira"

-É a escrita a súa dote máis recoñecida. Incluso é un precursor porque foi o primeiro en publicar en internet unha obra en galego "O home inédito".

-Humor, música e televisión tamén aparecen na súa folla de méritos.

-Sí, pero efectivamente na escrita xúntase un pouco todo. O humor e a escrita están detrás de todo esto. O meu humor é unha mirada singular das cousas. Como humorista pasoo moi ben co grupo "Os da Ría". Agora estamos un pouco fora do circuito, pero estamos dispostos a voltar pronto.

-Arousan de pro. Coma di o seu dúo musical satírico leva por nome "Os da Ría" e incluso un dos seus títulos literarios leva por nome Arousa.

-Un sempre tira pola terra e en Vilagarcía pasei moitos dos meus mellores momentos. A familia da niña nai, e tamén ela, son de Vilagarcía. Eu nacín en Vilagarcía e teño un vínculo moi fuerte con esta cidade ainda que me fora a vivir de pequeño a A Coruña e agora resida en Compostela. O de Arousa é porque a obra está ambientada na Illa de Arousa. Teño moito aprecio por ese maravilloso lugar e porque alí teño amigos e amigas. E porque de pequeno veraneábamos no camping do Terrón e veíamos como se ía construindo a ponte. Era case unha fascinación ir na barcaza ata unha illa habitada. Todo moi novelesco e moi cautivador. Ademáis tiven unha experiencia moi guai cos alumnos do instituto da Arousa. Alí presentei obras dunha serie infantil que teño Os cinco de Ons con obras como Cans, Inge e Robbie... A verdade é que tiña o guion da escrita de Arousa e compartín o proceso de creación con eles. Suxeríronme historias e localizacións que podían quedar moi ben na novela e a verdade que foi unha experiencia moi gratificante. Teño moitas ganas de voltar por alí.

Compartir el artículo

stats